Que tal! GIROTTO, son UXIA, a rapariga galega que te enviou uma fotografia hai uns dias, acabo de ver-me na FÁBRICA DE BRINQUEDOS e, como comprobarás, respondo muito rápido á petición de debuxos que me fixestes no e-mail.
Aproveitei um que tinha do meu pai comendo spaguettis e outro de uma parelha de xigantes.
Por certo, ja estou a pedir ás minhas melhores amigas que se fagam da fábrica e, de momento, están a elixir uma fotografia em que saian lindas.
Um saudo desde A Corunha, terra de bom futebol.


UXIA

Xlmpereiro@mundo-r.com

Amigo Girotto, não podo esperar mais para enviar novos desenhos, a minha curmá LAURA ja está a facer os seus, ela só tem seis anos e uma irmá muito pequerrechinha que se chama NEREA de dous e como ainda nao me
deu a fotografia, espero que nao se demore, eu vou ir mandando o meu par de de ilustraçoes. Desta volta vai uma serea loira, mergulhada no mar e
também animais da terra que me fan companha, ainda que eu non seja
loira em verdade, trata-se de um porco, uma formiga, um rato e
um bebecinho de xirafa. Este fim de semana, quando pasem
as lumeiradas (aqui celebramos o San Xoán, a entrada do verao, saltando sobre o lume pero sen queimar-nos, as nenas brincamos sobre
laradas pequeninhas e os maiores saltam as
fogueiras máis grandes e xantam sardinhas asadas) seguramente vexa á minha outra curmá IRIA, a que vive en Narón. Vou-lhe pedir que
tambem faga debuxos para A FÁBRICA DE BRINQUEDOS.
Como LAURA nao sabe fuchicar no scaner (eu tampouco), quando
me traia os debuxos e a foto lhe pedirei ao meu pai que os envie.

Um bico muito grande
e até mais ver.

UXIA
Xlmpereiro@mundo-r.com

Amigo Girotto:
Outra vez estou aqui, e pensei, por que nao lhe mando novos desenhos? O do palhaso que venho de pintar quedou bonito, eu gosto moito do circo, a última vez que fun vim um hipopótamo e nao punha medo porque era pequeninho.
Também envio um trasno, duende rebuldeiro que anda pelas casas
a enredar e, por último, uma fada e a súa amiga que é meiga.
Espero que gostes dos tres.
Um forte abraço de UXIA, ah! que se me esquecia, em poucos dias o meu pai enviará os desenhos da minha curmá ÍRIA,
ela também quer ser amiga da FÁBRICA.

UXIA
Xlmpereiro@mundo-r.com

10/ julho/ 2004

Amigo GIROTTO, levaba moito tempo sen enviar nengun
debuxo e iso non podia ser, asi que me dixen, teño que facer
dous ou tres novos garabatos con ceras, eis o resultado.
Espero que gostes deles.
Um beixo de UXIA, rapariga que agora está de férias.
UXIA
Xlmpereiro@mundo-r.com

Amigo GIROTTO, entrei na Fábrica e vin que habia novas amigas,
Laura e Isabella, iso está moi ben, estou desexando ver debuxos delas.
Eu estes dias observei ao meu pai facendo colaxes e
entraron-me ganas de probar e ver o que me saia a min.
Envio tres colaxes, son un pouco raros, pero espero que gostes deles.
Um abraço de UXIA desde a Galiza.

Primeiros de setembro de 2004

UXIA
Xlmpereiro@mundo-r.com

Amigo GIROTTO, darei-lle o abrazo que mandas a todas ás miñas curmás e de paso recordarei-lles que poden enviar máis deseños para a Fábrica. Tes que perdoar porque tardei un chisquiño algo grande en escreber, pero empezou o cole e agora teño menos tempo para xogar e debuxar. Este fin de semana vou á casa de Laura e buscaremos un momento para facer algo lindo coas pinturas.Como adianto mando unha rapariga cíclope, e para poder mandar-che o orixinal tes que dicir-me o teu enderezo postal. Por que non me pos un e-mail dicindo-me o teu enderezo de verdade? Encantaria-me que o colocases nalgunha parede da tua casa e tamén gostaria moito de que me enviases ese deseño do que falas.

Um bico enorme para que chegue atÚ Brasil.
UXA, 16-outubro-2004
O luns envio m½is debuxos, palabra!


Amigo GIROTTO, gosto de recibir novas tuas, sobre todo se son boas. Ocorreu-se-me unha suxeréncia, puxen-lle o nome de XOGO DOS MONSTROS. Para xogar só hai que apañar bonecos vários pola casa e despois mesturalos. Eu conseguin un Moscabalo, un Lobifante e un Cabalopixama, dixen-lle ao meu pai que os escanease, é un exemplo,
pero pode haber millóns máis sobre todo se mesturamos tamén cousas (unha xirafa cun pescozo de cana de pescar,
ou unha miñoca con cabelo de fideos).
Un beixo moi grande para que chegue até Brasil

UXÍA 

Moscabalo
Lobifante
Cabalopixama